jueves, 26 de septiembre de 2013

CONCERTO INICIO DE CURSO




O pasado martes o profesorado de Cantarela iniciamos o novo curso do mellor xeito posible, con música. Interpretamos arranxos de temas de Piazzolla e Carlos Núñez entre outros. 
A finalidade do concerto era dar a benvida a todos os que forman parte da Escola e do Centro Educativo Galén.
Asistiron nenas e nenos dende Infantil ata 2º da ESO; escoitaron, bailaron, aplaudiron....e algúns quedaron abraiados cos distintos instrumentos, sobre todo ao descubrir que había un violín eléctrico.


Deixamos o seguinte enlace co blog de Infantil no que podedes ver máis fotos e onden contan como viviron os máis pequenos este concerto.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario