jueves, 20 de marzo de 2014

Guitarreando con Educación Infantil

O pasado martes 18 de marzo dúas alumnas de Cantarela, Icía Pollán e Paula Fernández, levaron a cabo unhas sesións co alumnado de Educación Infantil para amosarlles todo o que saben en torno ao seu instrumento, a guitarra. Os máis novos puideron aprender moitísimas cousas grazas á paixón e entusiasmo co que prepararon a historia da guitarra, os xogos e a canción que tocaron.
Dende aquí queremos dar os parabéns as dúas polo bo traballo que están facendo.
Deixámosvos aquí o enlace ao blog de Educación Infantil, Medrando en Galén, no que podedes ver algunhas fotografías do día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario