domingo, 8 de marzo de 2015

CONCERTO


Se alguén nos preguntase sobre o nome dalgún compositor de música clásica, todos saberiamos responderlles, Bach,  Mozart, Beethoven,  Vivaldi ou Falla. Pero se preguntamos polo nome dalgunha compositora, que pasaría? Alguén sabería dicirnos algunha?
A pesar das críticas, das innumerables trabas e do desprezo, moitas mulleres desenvolveron a súa vocación contra vento e marea, conseguiron destacar na composición, e forman parte da historia da música, ata tal punto que  se catalogan máis de 4.000 compositoras desde os tempos medievais ata os nosos días.  
Con este concerto pretendemos achegarvos unha pequena mostra da labor musical feminina ao longo da historia.





No hay comentarios:

Publicar un comentario