martes, 26 de marzo de 2013

LA MOVIDA

Todos os cursos organizamos un concerto temático, e este ano decidimos revivir a década dos 80. O alumnado de coro acompañado por unha gran banda, interpretou varios temas de "La Movida".
Escoitamos cancións de Alaska, Los Secretos, Mecano, Radio Futura, Hombres G, e dos grupos galegos Aerolíneas Federales e Siniestro Total.
Foi un gran espéctaculo no que os participantes, vestidos e maquillados seguindo a moda do momento, conseguiron que todos no público, o pasaran en grande.
Os máis novos descubriron unha música chea de enerxía , e os que viviron os 80 saíron cheos de morriña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario