miércoles, 6 de marzo de 2013

Lauren Rioux

O pasado 6 de marzo tivemos a sorte de contar na nosa Escola cunha gran violinista, Lauren Rioux. Lauren xunto co guitarrista Sten Isak ofrecéronnos un concerto dinámico e divertido no que nos fixeron gozar moito tanto do seu virtuosismo como da súa amabilidade no escenario. Dous músicos de talla mundial dentro da música folk e do bluegrass que se mostraron tal como son nun concerto íntimo no que ademais o inglés converteuse no noso idioma por un intre. Dende aquí queremos darlles as grazas a ambos e esperemos poder atoparnos nalgún outro concerto.


Aquí vos queda o enlace a súa páxina web para máis información sobre ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario